Saúde

Violencia obstétrica, solo pelviano, prolapso vaxinal… Son termos moi descoñecidos para a maioría da poboación e, en particular, para as mulleres, cando en realidade recuperten de maneira considerable na nosa saúde, sexamos ou non sexamos nais. As mulleres temos problemas de saúde únicos e incluso enfermidades comúns coa outra parte que poden afectarnos de maneira diferente, véxanse os síntomas dun infarto de miocardio: a nós non nos doe o brazo e o peito, senón que se manifesta cunha dor moi forte no estómago que se expande cara o tren superior. Por outra banda, existe un tabú, un enorme silencio e oscurantismo arredor dos prolapsos vaxinais, cando o 50% das mulleres que dan a luz por vía vaxinal o sofren e todas as mulleres, a partir dos 45 anos, chegaremos a padecelos de non preocuparnos de fortalecer o solo pelviano (a musculatura que, en linguaxe coloquial, se encarga de soster os nosos órganos internos). A falta de información e/ou a desinformación no tocante as enfermidades relativas ás mulleres ten como principal razón de ser que a Medicina sempre se ocupou de estudar as diferentes patoloxías do ‘home’ en homes, obviando que nós temos unha constitución e unhas necesidades e funcións reprodutoras diferentes.

VIOLENCIA OBSTÉTRICA:

A violencia obstétrica defínese como unha forma específica de violencia exercida por profesionais da saúde ( predominantemente médicos e persoal de enfermería) cara ás mulleres embarazadas, en labor de parto e o puerperio. Constitúe unha violación aos dereitos reprodutivos e sexuais das mulleres (OMS 2020).

É violencia obstétrica:

  • Separar ás nais das súas criaturas ao nacer.
  • Dificultar a instauración da lactancia materna.
  • Parir con máscara.
  • Sufrir intervencionismo innecesario.
  • Programar cesáreas innecesarias.
  • Apremiar para inducir partos de maneira
    innecesaria antes da semana 42 .
  • Infantilizar ás mulleres.
  • Ridiculizalas e menosprecialas durante o parto.
  • Realizar maniobras prohibidas (como a de Kristeller), realizar prácticas sen consentimiento….

Queremos visibilizar tamén como moitas mulleres que interrompen o seu embarazo, sexa de forma voluntaria ou por razóns médicas, e en caso de morte perinatal, tamén sofren situacións de violencia e mala praxis médica. A violencia obstétrica tamén se produce nos procesos de reprodución asistida, onde as mulleres enfróntanse a tabúes, a situacións de cosificación, mecanización de procesos, sobremedicación, secretismo, soidade, silencio da dor… Segundo un reciente estudio, baseado en 17.541 cuestionarios elaborados entre xaneiro de 2018 e xuño de 2019, un 38,3 % de mulleres afirman ter padecido violencia obstétrica. Un 44% saben que foron sometidas a intervencións innecesarias, e un alarmante 83% afirman que os profesionais que as atenderon non fixeron uso do consentimiento informado antes da intervención.

Fonte: Petra Maternidades Feministas