Historia

No antigo Exipto, as mulleres compartían dereitos económicos e xurídicos cos homes, algo totalmente inisual nunha sociedade primitiva

Os nosos libros de Historia semellan non recordar os nomes de miles e miles de mulleres  pioneiras nos seus ámbitos de estudo. Foi a propia Historia quen se encargou de soterrar ben abaixo, no máis fondo da terra, a todas aquelas grandes figuras femininas que revolucionaron o campo das ciencias, da cultura,  e de todos os ámbitos humanos, porque na súa época se atreveron a romper os moldes establecidos.  Mais a pesar do silencio e deste esquecemento interesado, a loita e a utopía de todas e cada unha destas pioneiras forxaron á muller de hoxe en día, por iso, agora e entre todas, é o momento de tenderlle a nosa man para liberalas desas sombras tan escuras. É o noso labor recuperar e dar a coñecer a vida e obras das grandes mulleres da Historia da humanidade.

ORIXE DO 8M

Cal foi o feito que desencadeou a reivindicación do día da muller traballadora? Manifestacións obreiras e brutalidade policial, un incendio nunha fábrica téxtil… Algúns destes feitos nin sequera están confirmados. Non hai teoría única, aínda que o certo é que a situación das mulleres era insostible.

Algunhas fontes defenden que as primeiras celebracións do día da muller traballadora non foron nun 8M, senón o último domingo de febreiro, reivindicado como día Nacional da Muller polas mulleres socialistas de EEUU (1909-1913). Outras fontes defenden que a semente do 8M foi a Segunda Conferencia Internacional de Mulleres Socialistas (Copenhague, agosto 1910). Grazas á iniciativa de Clara Zetkin e Rosa Luxemburgo, propúxose conmemorar a data do 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora. O primeiro celebraríase en 1911.

Aínda que existan discrepancias sobre cal foi o evento que marcou a creación do Día da Muller Traballadora ou 8M, o que é evidente é que se trata dun feito que ten como protagonista a loita das mulleres obreiras. No estado español, existen evidencias da súa celebración no ano 1936, en Madrid e Barcelona, trala vitoria do Fronte Popular o 16 de febreiro. Tras varios anos de celebracións, foi no ano 2018 cando a folga de mulleres celebrouse de xeito masivo.

Aínda que en 1975 a ONU institucionalizou o Día da Muller Traballadora como Día da Muller, desde A Asemblea Feminista Paxaretas non queremos esquecer as orixes deste día, que seguirá reivindicando os dereitos da muller obreira.