Asemblea Feminista Paxaretas é un colectivo economicamente autoxestionado (non obtemos axudas económicas de ningunha entidade ou organismo público ou privado) que loita contra a violencia contra as mulleres e a prol dunha igualdade real.
Para colaborar con nós, podes facelo mediante donativos (levamos sempre un peto ás nosas actividades) ou mediante a compra de camisetas, chapas, etc.
Todos os donativos e beneficios do merchandising serán destinados a financiar a organización e o material das nosas actividades, todas de carácter gratuíto.
Grazas pola túa achega.




