8 de marzo, día internacional da Muller Traballadora.

Queremos agradecer unha vez máis a todas as persoas que non acompañaron o pasado 8 de marzo na conmemoriación do Día Internacional da Muller Traballadora, a pesar de que o tempo non era o máis agradable.
Dexámosvos un pequeno resumo dos actos levados a cabo este ano, no que quixemos centrar as nosas revindicacións en torno á necesidade da abolición da prostitución!

Desde a Asemblea Feminista Paxaretas defendemos que a prostitución é un claro exponente da violencia sexual, social e política que sufrimos as mulleres en todo o mundo. A prostitución reafirma a desigualdade e perpetúa a violencia dos homes hacia as mulleres. Reafirma e perpetúa o patriarcado. Vivimos nun mundo onde os homes poden mercar os nosos corpos e violarnos a cambio de diñeiro. E todo isto está normalizado, asumido socialmente. Incluso os políticos, homes que lexislan sobre os nosos corpos, consumen prostitución, mercan os corpos das mulleres para violalos.

Esta violencia chega en moitos casos ao“feminicidio por prostitución”. Hai homes que pensan que non só poden mercar e violar mulleres, se non que tamén poden asasinalas. Esta realidade criminal non conta con estatísticas e é tratada polos medios de comunicación desde unha visión absolutamente patriarcal e machista.

Na actual lexislación, estes feminicidios e outros, non son considerados violencia de xénero. Esiximos ao actual goberno do Estado Español, conformado polo PSOE e Unidas Podemos, a modificación da lexislación para que calquera asasinato ou agresión a unha muller polo feito de selo, exista vínculo emocional ou non, sexa considerado violencia de xénero.

Defendemos a abolición da prostitución como única garantía de liberación para as mulleres prostituidas polos proxenetas, os puteiros e polo propio Estado. Esiximos políticas abolicionistas que ofrezan ás mulleres as oportunidades coas que non contaban antes de iniciarse no mundo da prostitución. E esiximos que  dunha vez por todas, o foco se poña nos puteiros, nos homes que pagan por violar mulleres, e se deixe de criminalizar e discriminar ás mulleres prostituidas.

O actual goberno do Estado Español retirou da súa axenda política a abolición da prostitución, centrándose exclusivamente na trata de persoas, delito que xa se recolle no código penal e que xa é considerado como tal.

Recentemente, aprobouse en Madrid a “Lei de Liberdade Sexual”, lei que non nomea nin ten en conta ás mulleres prostituidas. Este é o panorama co que nós temos que vivir no Estado Español, panorama que se agarda da dereita, pero non de dous partidos que se din ser de esquerdas e defensores das mulleres.

Señores e señoras do Partido Socialista e de Unidas Podemos, esiximos a abolición da prostitución, esiximos o compromiso absoluto por parte das administracións públicas e dos poderes políticos co abolicionismo.

Negámonos a asumir o discurso da libre elección. Cremos que xa é hora de que comecen a discernir entre libre elección e presión social e contextual. Déixense de neoliberalismos e póñanse a facer políticas reais para as mulleres.

Se violan a unha, viólannos a todas!

Manifesto da Asemblea Feminista Paxaretas polo 8 de marzo de 2020

Leave a Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *