Trata e Explotación Sexual

A Asemblea Feminista Paxaretas tivo a oportunidade de asistir á “Conferencia Internacional sobre Avances e Desafíos Futuros na Loita contra a Trata e Explotación Sexual de Mulleres e Nenas” organizado pola CATW e CIMTM, celebrada en Madrid os días 4 e 5 de febreiro. Durante a conferencia, activistas feministas de varios países, entre elas 11 supervivintes de trata e explotación sexual, reinvidincaron o ABOLICIONISMO como a ÚNICA ferramenta válida de dereitos humanos contra a prostitución e o tráfico de mulleres e nenas. Os principais datos e conclusións das xornadas son os seguintes:

  1. O 72% das víctimas de trata detectadas son mulleres e nenas;
  2. O 94% das víctimas de trata para fins de explotación sexual detectadas son mulleres e nenas;
  3. Actualmente, o Estado Español converteuse nun dos principais destinos para a trata e explotación sexual de mulleres no mundo;
  4. A legalización da prostitución non empodera; a prostitución non pode considerarse traballo sexual;
  5. Os puteros son os principais responsables do sistema de prostitución; sen puteros, non habería mulleres prostituidas e explotadas. Eles son os responsables da violencia e escravitude sufridas por mulleres na rúa, pisos, prostíbulos, etc. Os prostíbulos, tal e como dixo Amelia Tiganus, son auténticos campos de concentración.
  6. Os Estados, e entre eles o Estado Español, deben posicionarse dunha vez por todas ante esta situación porque hai moitas vidas en xogo. As leis son inconsistentes e incongruentes, especialmente a migratoria, porque vai en contra dos dereitos humanos e especialmente dos dereitos da muller. A trata de seres humanos é un fenómeno global e complexo, que require unha coordinación entre as políticas que afectan este fenómeno: A perspectiva abolicionista é a única que esixe unha atención integral ás vítimas de trata e explotación sexual. ¿Para cando unha lei integral contra a trata no noso territorio?

Leave a Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *