Saúde

Violencia obstétrica, solo pelviano, prolapso vaxinal… Son termos moi descoñecidos para a maioría da poboación e, en particular, para as mulleres, cando en realidade recuperten de maneira considerable na nosa saúde, sexamos ou non sexamos nais. As mulleres temos problemas de saúde únicos e incluso enfermidades comúns coa outra parte que poden afectarnos de maneira diferente, véxanse os síntomas dun infarto de miocardio: a nós non nos doe o brazo e o peito, senón que se manifesta cunha dor moi forte no estómago que se expande cara o tren superior. Por outra banda, existe un tabú, un enorme silencio e oscurantismo arredor dos prolapsos vaxinais, cando o 50% das mulleres que dan a luz por vía vaxinal o sofren e todas as mulleres, a partir dos 45 anos, chegaremos a padecelos de non preocuparnos de fortalecer o solo pelviano (a musculatura que, en linguaxe coloquial, se encarga de soster os nosos órganos internos). A falta de información e/ou a desinformación no tocante as enfermidades relativas ás mulleres ten como principal razón de ser que a Medicina sempre se ocupou de estudar as diferentes patoloxías do ‘home’ en homes, obviando que nós temos unha constitución e unhas necesidades e funcións reprodutoras diferentes. Esta sección é unha das máis transgresoras da nosa web, adiante!