I Workshop Muller, Óptica e Fotónica

O pasado 6 de setembro celebrouse o “I Workshop Mujer, Óptica y Fotónica SEDOPTICA”, no Campus Central do CSIC en Madrid, que nace da área de muller, óptica e fotónica de SEDOPTICA (Sociedade Española de Óptica). O obxectivo é visibilizar o papel das investigadoras/profesionais españolas e fomentar vocacións científicas femininas na área da Óptica e a Fotónica. Así como servir de foro de debate na loita pola igualdade de xénero e a ruptura do teito de cristal existente nos diferentes niveis da carreira profesional/investigadora en Óptica e Fotónica.

Dentro desta área atopamos:

  • O  programa de mentoras, cuxa finalidade é a de orientar e asesorar tanto a estudantes de másters relacionados coa óptica e fotónica, como a investigadoras predoctorais e postdoctorais, sobre as diferentes saídas que poden atopar no ámbito científico, becas…
  • Coñece ás científicas, onde se realizan entrevistas dende estudantes de máster ata mulleres en activo ou retiradas deste campo, para dalas a coñecer e visibilizar o seu traballo.
  • Área de educación, óptica e fotónica, na que levarán a cabo dende actividades educativas como a creación de xogos para dar a coñecer ás mulleres científicas, ata enquisas para coñecer a situación do teito de cristal neste campo; nas que observar como, aínda habendo maior número de mulleres que de homes na universidade, no ámbito da investigación as cifras baixan notablemente, sendo menor o número de científicas que de científicos, e reflexar como isto vaise acentuando a medida que subimos de nivel profesional/investigadora, sobre todo pola dificultade que supón a maternidade e conciliación, e que a día de hoxe séguese sen ter en conta.

Nesta última área é na que colabora a nosa compañeira Carmen Lago, investigadora no CSIC de Madrid. Dende a Asemblea Feminista Paxaretas queremos felicitar e destacar o seu traballo; estamos tremendamente orgullosas e agradecidas pola loita para dar visibilidade ao traballo da muller na ciencia e rachar coa desigualdade de xénero neste campo.💜✊👏

Parabéns e grazas compañeiras! Moito ánimo e forza para seguir levando a cabo este proxecto tan fermoso e necesario! 🙌👏✊

Máis información: https://areamujersedoptica.wordpress.com/i-workshop-mujer-optica-y-fotonica/

Leave a Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *