Historia

No antigo Exipto, as mulleres compartían dereitos económicos e xurídicos cos homes, algo totalmente inisual nunha sociedade primitiva

Os nosos libros de Historia semellan non recordar os nomes de miles e miles de mulleres  pioneiras nos seus ámbitos de estudo. Foi a propia Historia quen se encargou de soterrar ben abaixo, no máis fondo da terra, a todas aquelas grandes figuras femininas que revolucionaron o campo das ciencias, da cultura,  e de todos os ámbitos humanos, porque na súa época se atreveron a romper os moldes establecidos.  Mais a pesar do silencio e deste esquecemento interesado, a loita e a utopía de todas e cada unha destas pioneiras forxaron á muller de hoxe en día, por iso, agora e entre todas, é o momento de tenderlle a nosa man para liberalas desas sombras tan escuras. É o noso labor recuperar e dar a coñecer a vida e obras das grandes mulleres da Historia da humanidade.