Música

Dende a época antigua ata ben avanzado o século XX, o papel da muller no marco musical se limitaba a formar parte do adorno no seo familiar, séndolle permitido a algunhas rapazas tomar clases de piano ou de canto coa única finalidade de deleitar coa súa interpretación aos seus nas reunións familiares. No caso daquelas mulleres que destacaban nos seus estudos e amosaban grandes dotes para a música e altas capacidades intelectuais, eran relegadas ao ámbito privado, puidendo amosar a súa calidade interpretativa ou compositiva tan só nas clases particulares ou ás paredes da casa que habitaban. Xa no panorama musical actual, atopamos con que o desequilibrio entre a representación feminina e masculina nos escenarios é tremendo, feito que acusan as carteleiras dos grandes festivais do noso país. Namentres os conservatorios de música e as salas de ensaio están ateigados de mulleres, nos escenarios non hai cabida para elas.