Literatura

Ilustración de Natalia Fernández

No mundo da palabra e das letras atopamos que a escritura das mulleres sempre estivo revisada con lupa polos seus ‘colegas’ varóns, de tal xeito que estes, ao igual que aconteceu e acontece en numerosos eidos da Cultura, determinaron unha tradición imperante baseada no masculino. O espazo lingüístico viuse copado por homes nas bibliotecas, homes nas Academias, homes nas editoriais, homes nas librarías, homes nas portadas dos libros, homes protagonistas das novelas, homes autores, …  Ademais de non desaproveitar a mínima ocasión para tildar de ‘literatura para mulleres’ todos e cada un dos textos creados por esas miles de bruxas literarias. Fronte a esta inxustiza e sen estar disposta a que a súa voz permanecera esquecida no fondo do caixón do seu escritorio, apareceu unha Virxinia Woolf de carácter bravío, quen denunciou no seu ensaio ‘Unha habitación propia’ todas estas omisións. Ao igual ca ela, milleiros de voces femininas nos falan a través dos tempos con versos silenciados e prosa acalada. Para recuperala, tan só temos que estar dispostas e dispostos a escoitalas. Velaquí a nosa sección de literatura.