Fotografía

Dicía a escritora norteamericana Susan Sontag (Nova Iork, 1933) nun dos seus textos que ‘fotografar é conferir importancia’. Ao longo da historia da fotografía, a muller foi empregada en numerosas ocasións coma obxecto pictórico por diferentes profesionais da mirada, pero máis alá de serlle adxudicado un rol pasivo, as mulleres amósanse en innumerables ocasións coma o rostro da loita e do sufrimento humano ante diferentes circunstancias,  ademais de ocupar un papel relevante coma suxeito activo á hora de empuñar a cámara fotográfica.  A modo de exemplo, coido que todas e todos recoñecemos a famosa imaxe de Dorothea Lange, considerada o maior talento da fotografía documental do século XX, coa que convertiu a Florence Owens Thompson, nai de sete fillos que enfrontaba a pobreza nun campamento provisional de California, no rostro da Gran Depresión dos EE.UU.  É por isto que, neste bloque temático, queremos dar visibilidade a todas esas olladas femininas que son quen de captar fragmentos da realidade nunha instantánea para dotala posteriormente de infinitos significados ligados á imaxinación de cadaquén.          

Histórica manifestación feminista unitaria en Vigo o 4 de marzo do 2018.  ALBA SOTELO
‘Invisible’, de Carolina Sertal, III Premio de Fotografía dos II Premios Xuventude 2018 da Deputación de Pontevedra.