Cinema

A actriz Jean Seberg no filme ‘À bout de souffle’, de Jean-Luc Godard

Nas súas memorias, publicadas pola xornalista Alison Mc Mahan, Alice Guy escribe “mi juventud, mi inexperiencia, mi sexo, todo conspiraba contra mí”. A versión da historia do cinema escrita por homes ocupouse de borrar dun plumazo o papel fundamental que a francesa Alice Guy Blaché  desenvolveu na sétima arte polo mero feito de ser muller. Ela foi a primeira persoa en filmar unha película e non George Mélies, tal e como a historia fíxoo crer. Se ben é certo que nos últimos anos  a loita das mulleres en todo o mundo logrou visibilizar as realizacións e producións cinematográficas feitas por mulleres, no mundo do cinema continúan sendo as eternas secundarias, pois gran parte dos produtores, camarógrafos, guionistas, críticos e incluso xurados de festivais do sector son varóns. Dende este espazo queremos contribuír a que mudar esta inxusta realidade visibilizando a todos eses talentos femininos da nosa terra.