Feminismo e…

Neste epígrafe queremos amosar coma o feminismo está presente en todos os eidos da nosa vida cotiá, malia que a miúdo non sexamos conscientes de que ao noso carón temos a mulleres e nenas que son feministas con actos tan sinxelos coma tomar unha foto, pintar un lenzo ou escribir un poema. Así mesmo, queremos visibilizar a todas esas figuras femininas que a través dunha mirada con perspectiva de xénero arroxan ao mundo fermosas creacións e achegas profesionais aos eidos da Cultura, da educación, o deporte, a ciencia, a tecnoloxía, a política, etc, para facer deste país un lugar máis xusto e igualitario, alén das trabas do sistema heteropatriarcal predominante.

Cogomelos lilás, tamén coñecidos como  Laccaria amethystina. CAROLINA SERTAL