Deporte

Katherine Switzer foi a primeira muller en correr un maratón. Conseguiuno en Boston, en 1967,  inscribíndose como KV Switzer e rematouno, pese a que houbo quen quixo impedilo

O acceso das mulleres no eido deportivo foi moi tardío e, ao igual que acontece noutros ámbitos, estivo cheo de dificultades, pois non só é que non puideran participar nas diferentes modalidades de deporte, senón que incluso tiñan vetado o acceso como meras espectadoras. Ao longo do tempo, foron moitas as que loitaron para superar barreiras creadas por estereotipos sociais e culturais moi marcados. A modo de exemplo, as mulleres deportistas tiveron que combater contra ideas como que a muller é inferior aos homes nas actividades deportivas, posúe menor capacidade física, o seu corpo se masculiniza coa práctica de exercicio, no amosan gran interese cara a práctica deportiva, existen algúns deportes apropiados para elas e outros non… Este é un terreo no que aínda queda moito por facer, ata hai uns anos calquera referente deportivo se escribía con nome de varón, mais pinga a pinga esta realidade vai mudando e, na actualidade, o deporte feminino está en auxe, é por isto que creamos un espazo para darlle a difusión e o recoñecemento que merecen os logros das nosas mulleres no Deporte.