💜 I PREMIO ERNESTINA OTERO 💜

RETOMAMOS O PREMIO ERNESTINA OTERO!!

Co comezo de curso, e pensando na posibilidade de que todos os centros educativos de Redondela e arredores participen, volvemos convocar o I Premio Ernestina Otero, ‘Loitando pola igualdade’.
A pasada convocatoria tivo que pospoñerse por falta de candidaturas, e aínda que as que se presentaron seguen a concurso, esperamos que vos animades a participar.
Podedes enviarnos a vosa candidatura a través do noso correo electrónico ou completando este formulario.
O obxectivo é recoñecer a mulleres pioneiras e relevantes do concello de Redondela, así como a entidades, asociacións ou colectivos que teñan desenvolvido un labor a prol da igualdade real entre mulleres e homes de Redondela.
O prazo de presentación das candidaturas rematará o vindeiro 23 de outubro, coincidindo co aniversario do nacemento da mestra e pedagoga que marcou a tantas nenas e nenos de Redondela.
A entrega de premios será o vindeiro 15 de novembro.

ANÍMATE A PARTICIPAR!!

Leave a Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *